Datos personales

Mi foto
El blog de la agrupación Belenista Ribadeo

viernes, 5 de diciembre de 2014

Ultimando os detalles dos beléns

Unha voz clama: no deserto preparádelle o camiño ó Señor; endereitádelle na estepa a calzada o noso Deus (Is 40, 3) 


      Pois niso andamos ocupados, ultimando todos os detalles dos beléns. Como novidade, contarlles que este ano non serán dous, senón tres os beléns que prepara a Agrupación Belenista de Ribadeo: o Nabateo, o xa tradicional Nacemento no renacemento e outro máis, do que só diremos, de momento, que está relacionado coa celebración do 800 aniversario da chegada de San Francisco de Asís a Compostela (nalgún momento entre novembro de 1213 e a Semana Santa de 1215). O nacemento no renacemento xunto coa exposición de miniaturas poderá visitarse a partir de mediados de mes nos locais do antigo Supermercado San José (R/Ramón González 33) mentres que os outros dous abriránse o público no local da agrupación (R/ Villafranca del Bierzo nº2) o próximo luns oito de decembro ás 20.00 horas.
     Iremos, coma sempre, compartindo con vostedes todas as fotos, as curiosidades, os datos, as historias... Nos próximos días, ó tempo que imos rematando os beléns, acabaremos de pór en marcha tamén todas as actividades do blog: En mi casa lo hacemos así (non esquezan enviarnos as súas fotos), Los lugares del belén, Belenes del mundo... Permanezcan atentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario